Volteando, como boa colledora, as mancheas de trigo
Moitas reporteiras
Hai futuro, os nenos aprendendo
Colledor ou seitureiro co corno e a pedra, colgados da cintura, para afiar os fouciños
O atador que pode ser de buxo, carballo ou mesmo de óso
Seitureira co traxe anos cinuenta ( Non mirei si ten refaixo)
Seitureira con zocos
Seitureiro con zocos
Facendo na meda cos monllos do trigo
Co Picoto ó fondo
Rematando a seitura
Véxase a Elena, coñecida libreira de Carballo, dándolle xeito a coller e voltear a manchea de trigo
Pois non tiña refaixo...
Pero sí ligas...
Rematando de atar os monllos
E acabando de facer a meda
O compañeiro, O Americano, que veu coller e mallar o trigo da leira do veciño, ca máquina moderna, tamén quixo participar
Meda rematada
E claro, unha vez acabado o traballo ven a xolda. Pero neste caso é a muller, Mari Carme, a que envorca ó mozo na meda...
E agora as fotos
E co bandullo cheo e cuns grolos acabamos divertíndonos...
Malla
A malladora asentada e alineada co tractor
O rodillo da malladora por onde pasa a palla e separa o grao. É importante ila aflojxando e apretado según coma esté o trigo de seco para que non pase sin separar o grao, si está floxa, nin o trille si está demasiado apretada
Comprobando que o grao quede ben separado da palla
O cortador corta o vencello do monllo e ábreo pra que o enchedor o vaia metendo con suavidade na malladora
O que bota os monllos na mesa da malladora ten que ter coidado de non lle bater ó cortador e ter coidado de que os rapaces que lle botan os monllos desde a meda non lle los tiren ó corpo
A palla sae pola boca da malladora e hai que espelila palla(pra que solte os posibles graus que lle queden) e ila pasando ata o palleiro
Comezando a facer o palleiro
Preparando un mando de palla para facer o caparucho
O caparucho hai que facelo ben feitiño e cortarlle o remate para que quede bonito
Botando o caparucho para rematar o palleiro
O palleireiro baixando do palleiro
Limpando na eira
Recollendo a polea
As camareiras entrando na eira cas copas e a augardente para limpar o pó da gorxa
Limpa
Xa está a limpadora traballando e dándolle a manivela que fai xirar as hélices que fan botar vento para que o resto da palla e as esganas(ou arganas) se separen do grao
Botando trigo á limpadora que vai caendo nos peneiros que fai vibrar-mover a manivela e botan o grao limpo po los canos e as arganas pola boca da limpadora
Vídeo da seitura, malla e limpa do trigo 2013
No hay comentarios:
Publicar un comentario