Collendo e atando no trigo
Asentando a malladora
Rodillo da malladora pola que pasa o trigo e separa a palla do grau
Comprobando que a polea está tensada e a máquina alineada co motor
Xa está a máquina asentada e ben asegurada para que non se mova
Ferramenta(forcada) básica e calzado(zocos) apropiado
@s mallador@s entrando na eira
Comeza a malla
A palla sae pola boca da malladora e hai que espelila palla(pra que solte os posibles graus que lle queden) e ila pasando ata o palleiro
O cortador corta o vencello do monllo e ábreo pra que o enchedor o vaia metendo con suavidade na malladora
O que bota os monllos na mesa da malladora ten que ter coidado de non lle bater ó cortador e ter coidado de que os rapaces que lle botan os monllos desde a meda non lle los tiren ó corpo
O responsable da malla comprobando que a palla sae separada do grao e así saber si ten que separar o rodillo(si triza a palla e o grao) ou xuntalo(si non separa totalmente a palla do grao)
Os que están na saída do grao teñen que ter coidado de que os cestos e peneiros nos que se recolle o grao non desbordan
Collendo panadas de palla para botar ó palleiro
O palleireiro ten que ir facendo o palleiro redondo e ilo amacizando e colmando
Hai que coller un mando de pallas para facer o caparucho
O caparucho hai que facelo ben feitiño e cortarlle o remate para que quede bonito
Botándolle o caparucho ó palleireiro para que o coloque no cumio do palleiro
Colocándolle a escada para que baixe o palleireiro
E ó remate non poden faltar as correspondentes copas de caña
E máis copas
E as cantareiras-pandereteiras dándolle aire de festa
...E máis caña
Hai que ir limpando a eira para facer a limpa do trigo
E as cantareiras ó seu
Xuntóuse un cantareiro, como ten que ser
Traendo a limpadora para limpar o trigo
Asentándoa
Uns limpando a eira e as cantareiras ó seu
Recollendo a malladora
Xa está a limpadora traballando e dándolle a manivela que fai xirar as hélices que fan botar vento para que o resto da palla e as esganas(ou arganas) se separen do grao
Botando trigo á limpadora que vai caendo nos peneiros que fai vibrar-mover a manivela e botan o grao limpo po los canos e as arganas pola boca da limpadora
O acabar recóllese a limpadora
Sempre houbo algún rico(este é dos bos) que ven traballar en coche
E despois do traballo chourizos, empanada, broa, queixo, xamón, roscas, viño, cerveza, caña, licor café e festa. Como ten que ser
Vídeo da malla e limpa do trigo, Carlexo 2012. Cámara Ana
Vídeo da seitura, malla e limpa do trigo, Carlexo 2012. Cámara Cris
Antigamente antes de haber maquinaria para mallar facíase cos manllos, mallos ou manlles como se pode ver neste vídeo de Paco do Martelo:
Vídeo tomado de: http://pacodomartelo.blogspot.com.es/2010/08/11-malla-tradicional-galega.html
Espléndida entrada Manolo. Moi bon traballo.
ResponderEliminarGrazas, José Antonio. Fáise o que se pode
Eliminar